María José Fabeiro Mouriño.
Enfermeira especialista en Ostomías da Área Sanitaria de Vigo.
Algúns problemas de saúde producen dificultade para tragar os alimentos. Cando a alimentación por boca non é posible e se prolongan máis de 6 ou 8 meses, será necesario colocar unha sonda PEG.
Vídeo

Definición.
A sonda PEG é un tubo de plástico suave. Introdúcese no estómago a través da pel do estómago, xa sexa con endoscopia, unha intervención cirúrxica ou radiolóxica.
Obxectivos
- Garante a adecuada nutrición a pesar de non poder tragar alimentos.
- Permite tamén tomar a medicación.