Unha das secuelas da intervención cirúrxica do cancro de mama con extirpación de ganglios linfáticos e/ou radioterapa, é o de desenvolver un linfedema no brazo ao lado da operación. Iso non significa que todas as mulleres sometidas a cirurxía de mama teñen risco de desenvolver un linfedema.
Unha arma eficaz contra a súa aparición é introducir en canto sexa posible unha dinámica diaria de exercicios.
- Recoméndase levar as pezas de compresión ou a vendaxe prescrita polo seu médico mentres realiza os exercicios.
- É conveniente realizar exercicios todos os días, preferentemente entre 1 e 3 veces ao día, con ambos os brazos e non só co afectado
- A duración de cada sesión de traballo non debe superar os 20-30 minutos, incluíndo os momentos de relaxación.
- Os exercicios pode realizalos de pé ou sentada. Por iso, teña en conta que: