Náuseas ou vómitos
Posibles causas:
- O baleirado do estómago é máis lento.
- É o efecto secundario dalgúns medicamentos.
- A introdución do alimento pola sonda foi moi rápida.
Que podes facer:
- Detén a administración durante 1 ou 2 horas.
- Incorporado na cama ou sentado, así facilitarás o baleirado do estómago.
- Reinicia a administración lentamente.
Diarrea
Posibles causas:
- Os antibióticos e algúns medicamentos poden ser responsables.
- A infusión é demasiado rápida.
- O alimento pode estar contaminado.
Que podes facer:
- A infusión debe ser máis lenta.
- Podes necesitar unha modificación da dieta.
- A hixiene de mans e a correcta conservación dos alimentos son moi importantes.
Estrinximento
Posibles causas:
- A auga administrada non é suficiente.
- A dieta é pobre en fibra.
- Está a realizar pouca actividade física.
- Ten fecalomas no intestino.
Que podes facer:
- Proporciona máis auga.
- Pode necesitar un cambio de dieta.
- Se é posible, o exercicio moderado pode axudar.
- Se non consegues resolver algunha destas complicacións deberás consultalo co médico.
Vídeo