1 00:00:05,000 --> 00:00:10,466 A intervención familiar resulta básica dentro do que é 2 00:00:10,466 --> 00:00:19,199 a abordaxe do trastorno por déficit de atención e hiperactividade 3 00:00:19,200 --> 00:00:21,700 porque o habitual é que as familias tanto antes do diagnóstico 4 00:00:21,700 --> 00:00:25,000 como unha vez recibida a valoración do diagnóstico 5 00:00:25,000 --> 00:00:29,400 se encontren moi perdidas. Non saben como actuar, non teñen información suficiente 6 00:00:29,400 --> 00:00:34,333 sobre o que supón o propio trastorno 7 00:00:34,333 --> 00:00:38,099 nin o que pode supoñer tanto no presente como a longo prazo. 8 00:00:38,100 --> 00:00:44,400 Por iso é importante que, como parte da abordaxe multimodal, 9 00:00:44,400 --> 00:00:47,633 se leve a cabo esta intervención familiar 10 00:00:47,633 --> 00:00:52,033 e esa intervención familiar é o que permite aos pais 11 00:00:52,033 --> 00:00:55,466 adquirir unha serie de habilidades, coñecementos e destrezas 12 00:00:55,466 --> 00:01:01,699 que lles axudan a facer fronte ao reto que supón 13 00:01:01,700 --> 00:01:04,866 a crianza dun neno, unha nena, un adolescente con TDH. 14 00:01:04,866 --> 00:01:07,799 Esta intervención enfócase en tres niveis. 15 00:01:07,800 --> 00:01:13,866 Un primeiro nivel sería a psicoeducación 16 00:01:13,866 --> 00:01:19,532 cuxo obxectivo é proporcionar aos pais os coñecementos 17 00:01:19,533 --> 00:01:26,466 e a información que lles permitan por un lado comprender que o TDAH 18 00:01:26,466 --> 00:01:29,332 é un trastorno do neurodesenvolvemento con base neurobiolóxica 19 00:01:29,333 --> 00:01:36,733 que lles permita entender as dificultades que pode supoñer 20 00:01:36,733 --> 00:01:43,066 nas diferentes contornas e ámbitos nos que se desenvolve o neno 21 00:01:43,066 --> 00:01:49,232 e os trastornos que pode levar asociados: trastorno de aprendizaxe, 22 00:01:49,233 --> 00:01:52,799 trastornos emocionais, etc. Tamén resulta imprescindible que 23 00:01:52,800 --> 00:02:01,566 os pais tomen conciencia de que todas esas condutas disruptivas, 24 00:02:01,566 --> 00:02:04,866 inatención, dispersión, actuar sen pensar, non son algo intencionado por parte dos nenos, 25 00:02:04,866 --> 00:02:08,699 senón que forman parte da propia sintomatoloxía do trastorno. 26 00:02:08,700 --> 00:02:15,233 Eses coñecementos permiten adecuar as expectativas parentais 27 00:02:15,233 --> 00:02:18,933 ás características específicas do neno TDAH. 28 00:02:18,933 --> 00:02:21,666 O segundo nivel de intervención sería o apoio psicoemocional 29 00:02:21,666 --> 00:02:25,099 que consistiría en proporcionar aos pais unha serie de recursos 30 00:02:25,100 --> 00:02:30,733 que lles permitan facer fronte á afectación que puidesen 31 00:02:30,733 --> 00:02:33,833 estar recibindo a nivel emocional. 32 00:02:33,833 --> 00:02:42,066 Resulta moi habitual nas familias que estean sufrindo sentimentos 33 00:02:42,066 --> 00:02:47,599 de preocupación, medo, estados incluso de ansiedade, 34 00:02:47,600 --> 00:02:53,633 depresión, conflitos de parella, porque teñen diferentes criterios, 35 00:02:53,633 --> 00:02:59,466 entón é moi importante que os pais saiban recoñecer esta afectación 36 00:02:59,466 --> 00:03:05,332 emocional e manexala a través de diferentes técnicas, 37 00:03:05,333 --> 00:03:09,999 tanto en si mesmos os pais como tamén os nenos de xeito 38 00:03:10,000 --> 00:03:15,033 que poidan alcanzar un estado de mellora e benestar. 39 00:03:15,033 --> 00:03:17,699 Isto pode ser pois técnicas de relaxación e 40 00:03:17,700 --> 00:03:22,200 control emocional, tempos de desconexión… 41 00:03:22,200 --> 00:03:27,800 O terceiro nivel sería o adestramento en destrezas parentais 42 00:03:27,800 --> 00:03:32,033 que permitiría aos pais adquirir unha serie de ferramentas 43 00:03:32,033 --> 00:03:37,966 que lles proporcionarán recursos para o manexo diario dos nenos. 44 00:03:37,966 --> 00:03:44,499 Estas ferramentas serían o adestramento e aprendizaxe de técnicas 45 00:03:44,500 --> 00:03:49,000 de modificación de conduta de habilidades sociais e de comunicación 46 00:03:49,000 --> 00:03:53,100 asertiva, de xestión de conflitos e resolución de problemas 47 o cal facilitaría o que é o manexo diario do neno 48 00:03:58,200 --> 00:04:02,933 ou adolescente con TDAH. 49 00:04:02,933 --> 00:04:04,999 A intervención familiar pode propoñerse a nivel unifamiliar, 50 00:04:05,000 --> 00:04:10,600 traballando cunha única familia, ou a nivel grupal. 51 00:04:10,600 --> 00:04:17,133 Esta última opción suxire ademais como vantaxe terapéutica 52 00:04:17,133 --> 00:04:22,233 engadida, que as familias poidan compartir con outras familias nas súas mesmas circunstancias medos, 53 00:04:22,233 --> 00:04:29,599 preocupacións, experiencias…e adoita ser moi enriquecedor 54 00:04:29,600 --> 00:04:36,000 para as propias familias o non sentir que son 55 00:04:36,000 --> 00:04:37,333 só elas as que están vivindo esa problemática. 56 00:04:37,333 --> 00:04:39,699 De todas formas, proxéctese de forma unifamiliar ou grupal, 57 00:04:39,700 --> 00:04:43,600 a intervención familiar resulta un piar fundamental 58 00:04:43,600 --> 00:04:46,300 dentro do que é a abordaxe multimodal do trastorno 59 00:04:46,300 --> 00:04:48,500 por déficit de atención e hiperactividade.