Quen somos?

.

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, creada no ano 2009, depende da Xerencia do Servizo Galego de Saúde. Dirixida e xestionada dende a Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, está orientada á formación de pacientes, familias e cidadáns en materia de saúde, para mellorar a toma de decisións nos seus procesos de saúde-enfermidade.

A súa misión é prover de información, coñecementos e habilidades en procesos de saúde e de enfermidade a pacientes, coidadores e cidadáns, co fin de mellorar a súa calidade de vida e potenciar a súa participación segura nas decisións sobre os seus procesos, así como facilitar o coñecemento do funcionamento dos servizos sanitarios para contribuír a un uso eficiente deles, para o que conta cunha rede de profesionais e formadores expertos.

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns forma parte da Rede de Escolas de Saúde para a Cidadanía do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio