Enfermidade reumatolóxica

O dia 10 de marzo de 2014 tivo lugar un Obradoiro sobre a Enfermidade Reumatolóxica na Casa da Cultura do Concello de Val do Dubra, impartido polo Dr. Santos Insua Vilariño, Reumatólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A actividade, programada po-la Escola galega de Saúde para Cidadáns, respondendo a una petición da Asociación de Mulleres Rurais do Val do Dubra, tivo como obxectivo mellorar a información e comprensión da enfermidade así como proporcionar pautas de actuación a pacientes, familiares e coidadores para mellorar a calidade de vida .

A sesión tivo moi boa acollida por parte dos asistentes que manifestaron a súa satisfacción  e participaron moi activamente plantexando dubidas e cuestións que foron resoltas por o poñente.


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio