Cancro de mama

O xoves 24 de abril, tivo lugar en Cabreiros- Xermade a realización dun Obradoiro sobre cancro de Mama, no que participaron 32 persoas.

Esta actividade está encadrada dentro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e nesta  ocasión a charla foi  impartida por Purificación Morado Quiñoá, enfermeira da EOXI de Lugo.

Os temas dos que se falaron foron:

  • Que é o cancro de mama, como se detecta, a prevención e detección precoz. O diagnóstico e cales son os tratamentos.

  • O cancro de mama en mulleres e homes.

  • Proceso de adaptación, como afrontar os cambios na imaxe corporal.

  • Algúns mitos sobre o cancro de mama​.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio