Paciente competente en Enfermidade Renal Crónica

Paciente competente en Enfermidade Renal Crónica

Paciente Competente en Enfermidade Renal Crónica

Pacientes e profesionais da enfermaría nefrolóxica comenzaron no Hospital Clinico Universitario de Santiago, un programa pioneiro en Galicia para formar a Pacientes Competentes na enfermidade renal crónica.

Este  programa, organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns do Sergas, en colaboración coa Federacion ALCER Galicia, contou coa participación de profesionáis de enfermaria do servizo de Nefroloxía do Hospital Universitario de Santiago, que foron as persoas encargadas de elaborar os materiais didácticos que axudan a que pacientes adquiran habilidades e coñecementos que lles sirvan para autoxestionar a súa enfermidade e mellorar a súa calidade de vida.

Este primeiro taller, no que participaron 8 pacientes e 5 enfermeiras, desenvólvese ao longo de tres sesións de catro horas nas que pacientes e profesionais comparten información e experiencias.

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns funciona dende o ano 2009, e dentro das súas actividades están os programas de formación de Pacientes Competentes en diferentes patoloxias. Estre programa está inspirado no modelo  "Tomando control da súa saúde" da Universidade de Stanford (EEUU), e ten como obxectivo potenciar o rol do/da paciente como principal responsable do autocoidado da súa saude.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde