Alimentación por sonda

Información relacionada

Alimentación por sonda


Tipos de alimentación por PEG.

  • En bolo, coincide coa hora habitual das comidas. Os alimentos deben ser adecuados. Tamén deben conter líquidos para asegurar unha hidratación axeitada.

  • Contínua, utilizando unha máquina infusora programada para un fluxo constante. 

Form​as de administración:


Gravidade: é o método máis recomendado.

  1. Conecta o recipiente da alimentación a un equipo de tubuladuras para a administración. 
  2. Coloca o recipiente a 60 cm por encima da cabeza e conecta a sonda.
  3. Gradúa a velocidade de administración axudándote da roda reguladora.

Bomba de infusión: permite manter a infusión contínua ou fraccionar as tomas, segundo o establecido.
  1. Conecta o bote de alimentación ao equipo infusor.
  2. Adáptao á bomba infusora.
  3. Programa a bomba infusora coas cantidades exactas necesarias.
  4. Se a administración é cíclica, será en períodos de 8 a 10 horas, para interferir o menos posible coa actividade diaria.

Xiringa: o seu uso está indicado polo médico.
  1. Utiliza unha xiringa de 50 a 100 ml para introducir a alimentación.
  2. A alimentación será fraccionada en varias tomas segundo o volume diario establecido.
  3. É recomendable non superar os 400 ml por toma.
  4. A administración debe ser lenta, cunha duración de, polo menos, 20 minutos.
gastrostomía.jpg
ICONOLSE1.jpg


jeringa.jpg
ICONOLSE1.jpg


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde