A gastrostomía

A gastrostomía

gastrostomia.jpg 

É a técnica de ostomía de alimentación máis usada. Permite colocar a sonda PEG no estómago a través da pel do abdome.


Esta técnica evita complicacións doutro tipo de sondas como é a aspiración bronquial. 


Está desaconsellada no caso de refluxo gastroesofáxico ou enfermidade grave de estómago.


Pode realizarse con cirurxía, con endoscopia ou radioloxía. A máis usada é a técnica percutánea endoscópica PEG, por ser a de menor risco. Tampouco necesita anestesia xeral, nin puntos de sutura ou fixación e pódese realizar na sala de endoscopia.


É unha técnica rápida, de baixo custo e con poucas complicacións graves.


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde