Que facemos?

Que facemos?

.

A Escola Galega de Saúde para cidadáns desenvolve as actividades necesarias para conseguir os seguintes obxectivos.

Mellorar a formación e información de pacientes e cidadáns para: 

  • Facilitar a toma de decisións sobre os seus procesos de saúde
  • Fomentar os autocuidados asi como a autogestión da súa enfermidade dotándoos das ferramentas e da formación necesaria para iso
  • Mellorar a calidade e seguridade asistencial
  • Mellorar a satisfacción de pacientes e cidadáns
  • Mellorar a comunicación coas organizacións sanitarias
  • Incrementar os niveis de participación contribuíndo á sustentabilidade do sistema sanitario
Os equipos docentes están compostos por expertos profesionais médicos, enfermeiros, psicólogos, farmacéuticos e outros profesionais da saúde, así como polos propios pacientes e cidadáns.

​Como o facemos?
  • A Escola Galega de Saúde para cidadáns, detecta necesidades formativas a través das propostas recibidas dende as diferentes asociacións e organizacións cidadáns así como as que emanan dos plans estratéxicos do Servizo Galego de Saúde.
  • Despois de ser aprobadas e priorizadas as propostas recibidas, realízase a programación das mesmas optimizando os recursos dispoñibles
  • Ofrecemos formación online sobre os diferentes problemas de saúde e para levalo a cabo a Escola selecciona e elabora material didáctico previamente validado por expertos no tema.
  • Realízanse obradoiros de formación presencial sobre temas de saúde en toda a Comunidade Autónoma.