Paciente Competente en Diabetes

Paciente Competente en Diabetes

O pasado dia 26 de novembro tivo lugar a clausura do curso "Paciente Competente en Diabetes" que se desenvolveu no Hospital Santa María Nai de Ourense, durante catro dias, e no que participaron 23 pacientes e coidadores da área sanitaria de Ourense.

Neste curso os participantes aprenden habilidades e coñecementos que serven de soporte á autoxestión da enfermidade, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e diminuir as reagudizacións.

Todos os alumnos manifestaron a súa satisfacción e felicitaron aos docentes e á Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organismo dependente da Consellería de Sanidade, pola organización desta actividade, que lles serviu para aprender ferramentas do manexo da enfermidade e tamén para crear un grupo de reforzo no día a día entre todos os participantes, máis aló da duración do mesmo.

Este curso é unha das sete edicións que a Escola Galega de Saúde para Cidadáns ven de  realizar durante este trimestre, unha en cada Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, dirixidas a fomentar as habilidades dos pacientes coa fin de manexar mellor a súa propia enfermidade e coñecer mellor os recursos aos que poden acceder.