Obstrución da sonda
A obstrución adoita ter como causa o acúmulo de alimentación ou medicación no interior da sonda, debido a unha limpeza inadecuada da sonda tralo seu uso.
Para previlo, lava a sonda tralo seu uso con 50 cc de auga.
Para tentar desobstruíla, usa auga morna e aspira suavemente coa xiringa.
Se non é posible desobstruila, será necesario realizar un cambio de dispositivo.
Saída accidental da sonda
A sonda sae ao exterior de forma accidental.
Se a sonda ten un balón de fixación interna, pode ocorrer que o volume de auga do balón sexa insuficiente ou que se desinflase.
Será necesario implantar un novo dispositivo canto antes para evitar o peche do estoma.
Afundimento do botón
Se o peso corporal aumentou, pode que o grosor da parede abdominal sexa maior e, en consecuencia, o botón se vexa agora afundido.
Será necesario cambiar a un botón con maior tamaño.
Sospeita de extrusión da parte intragástrica na parede abdominal
É necesario suspender o uso da sonda.
Así mesmo, realizarase unha endoscopia de comprobación da localización do dispositivo para extraelo, se fose necesario, e substituílo.
A sonda non xira