Complicacións da sonda

Complicacións da sonda

Obstrución da sonda

  • A obstrución adoita ter como causa o acúmulo de alimentación ou medicación no interior da sonda, debido a unha limpeza inadecuada da sonda tralo seu uso.

  • Para previlo, lava a sonda tralo seu uso con 50 cc de auga. 

  • Para tentar desobstruíla, usa auga morna e aspira suavemente coa xiringa.

  • Se non é posible desobstruila, será necesario realizar un cambio de dispositivo.

Saída accidental da sonda

  • A sonda sae ao exterior de forma accidental.

  • Se a sonda ten un balón de fixación interna, pode ocorrer que o volume de auga do balón sexa insuficiente ou que se desinflase.

  • Será necesario implantar un novo dispositivo canto antes para evitar o peche do estoma. 

Afundimento do botón

  • Se o peso corporal aumentou, pode que o grosor da parede abdominal sexa maior e, en consecuencia, o botón se vexa agora afundido.

  • Será necesario cambiar a un botón con maior tamaño.

Sospeita de extrusión da parte intragástrica na parede abdominal

  • É necesario suspender o uso da sonda.

  • Así mesmo, realizarase unha endoscopia de comprobación da localización do dispositivo para extraelo, se fose necesario, e substituílo.

A sonda non xira

  • A sonda fixouse ao orificio.

  • Será necesario contactar co equipo de saúde.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde